|
A Biblioteca Municipal de
Val do Dubra está situada na R/ Arcai, 30 na segunda planta do edificio
da Casa de Cultura.
Ten unha superficie
aproximada de 200m2, onde dispón de varios puntos de lectura,
e disporá próximamente de equipos informáticos para uso exclusivo dos
usuarios.
Neste momento a biblioteca
conta cuns fondos bibliográficos que superan os 7.500 exemplares que
están integrados por varios tipos de materiais e soportes como poden
ser libros, CD-ROMs, DVDs, etc. Todos estes documentos están a
disposición dos usuarios para a súa consulta en sala ou para o préstamo
domiciliario.
Tódalas persoas que queiran
facer uso do préstamo domiciliario teñen que ser socios, para o cal
teñen que presentar dúas fotos actuais tamaño carné, unha fotocopia do
DNI e cubrir dúas tarxetas cos seus datos persoais. Este servizo é
gratuito.
O ser socio da dereito a
levar en préstamo 3 libros por un período de 15 días coa posibilidade
de renovación.
Pódense achegar a
Biblioteca Municipal en horario de 17:00 a 21:00 horas de luns a
venres, tamén dispón de correo electrónico para calquera tipo de dúbida:
VALDODUBRA@rbgalicia.org
Tamén
o Concello conta con dúas axencias de lectura que dispoñen de acceso á
rede Internet, que están situadas:
|
Axencia
de lectura de Portomouro
R/Entrepontes, 6 –
Portomouro
|
Axencia
de lectura de Rial
R/Rieiro, s/n - Rial
|
|