|
O municipio de Val do Dubra
é un municipio interior que se atopa no corazón da provincia da Coruña,
no corredor que une as poboacións de Santiago de Compostela e Carballo,
distando 22 quilómetros de calquera das dúas poboacións e a 55 da
cidade da Coruña. A estrada que vai de Santiago a Carballo atravesa o
municipio e nela localízanse os dous núcleos principais: Bembibre, a
capital do municipio, e Portomouro.

O noso minicipio limita cos
seguintes Concellos: ó sur con Santiago de Compostela e Ames, ó oeste
con Santa Comba e A Baña, o norte con Coristanco e Tordoia e ó este con
Trazo.
Principais estradas de acceso:
-
Dende Santiago de
Compostela, pola estrada provincial CP-0701
-
Dende Carballo, pola
estrada provincial CP-1914
-
Dende Ordes, pola
estrada provincial CP-5903
-
Dende Ames, pola
estrada autonómica: AC-452 (Roxos – Portomouro)
Distancias quilométricas
| |
A Coruña
|
65 km
|
| |
Santiago de Compostela
|
20 km
|
| |
Lugo
|
131 km
|
| |
Ourense
|
124 km
|
| |
Pontevedra
|
83 km
|
Horario de autobuses
Saída dende
Santiago de Compostela – Carballo:
Laborais: 07.30, 13.30, 17.00 e 19.00 horas
Sábados: 13.30 e 17.00 horas
Domingos e Festivos: 07.30 e 17.00 horas
Saída dende Carballo – Santiago de
Compostela:
Laborais: 07.15, 09.30, 13.30 e 19.15 horas
Sábados: 09.30 e 13.30 horas
Domingos e Festivos: 13.30 e 19.15 horas
|