Concello de Val do Dubra Val do Dubra, naturalmente
Idioma:
galego
castellano
mapa da web
 
Un pouco de Historia

Situado a tan só 22 quilómetros de Carballo e de Santiago de Compostela, a cidade histórico-relixiosa da comunidade galega por autonomasia, Val do Dubra tamén conta cunha singular historia, marcada pola relixión e pola realeza, que define o carácter dos Igrexa Paramosseus pobos e das súas xentes.

Existen no municipio restos e vestixios de antigas fortalezas e numerosos castros que permiten coñecer a antigüidade do seu poboamento. Pero é o Cronicón Iriense o primeiro documento histórico no que aparece o nome de “Tierra de Dubriam”, e onde o rei suevo Miro asignou esta terra á sede de Iria. Máis tarde citaríase como arcedianato do distrito de Trastámara, na división do arcebispo Suárez de Deza.

Este reparto de terras chegou ao Antigo Réxime coas parroquias do concello divididas en dúas xurisdicións: a de Buxán, sobre a que impoñía o seu señorío o marqués de Alcañizares e ao mosteiro de San Martiño Pinario, o cal recibiría os mellores tributos en trigo e centeo da parroquia de Buxán, despois de que o cabaleiro Arias César doara a este cenobio a súa igrexa. De ahí, que o primeiro nome que recibira o concello non fora outro que o de Buxán.

 


Concello de Val do Dubra
Arcai, 41-Bembibre, 15873 Val do Dubra - A Coruña | Teléfono: 981889000