|
Finalidade do
servizo:
Servizo para a mocidade
integrado na Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil da
Xunta de Galicia, Vicepresidencia, da Igualdade e do Benestar,
Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade
A súa función é a de proporcionar ós mozos do Concello información,
asesoramento e documentación de temas do seu interese como a educación,
cultura, viaxes, ocio, emprego, idiomas, cursos, estudos, programas
europeos etc; organizando dende esta unha serie de actividades xuvenís
e de tempo libre co fin de promocionar a participación dos mozos na
vida sociocultural.
Descrición
das áreas de traballo:
Promoción da información
xuvenil
Actividades de formación en animación xuvenil e outras
Fomento do asociacionismo xuvenil e participación
Actividades de animación sociocultural e campamentos de verán
Programas que incorporen a xuventude ás novas tecnoloxias
Información e asesoramento á xuventude
Acceso á RIX (Rede Galega de Información Xuvenil
Expedición do Carne Xove Euro <26
Descrición
dos programas que desenvolven:
Actividades orientadas á xuventude.
Axudas e subvencións.
Oposicións e emprego.
Exames e probas.
Xornadas e congresos.
Vivenda xove.
Outras convocatorias.
OFICINA
MUNICIPAL DE INFORMACIÓN O CONSUMIDOR (OMIC)
Servizo público dependente
do Concello de Val do Dubra e que ten como misión principal tutelar os
dereitos fundamentais do individuo ante os conflitos surxidos en
materia de consumo así como recoller e intentar solucionar as queixas e
reclamacións.
Responsable dos departamentos:
Jesús Carlos Nieto Vilas
Teléfono: 981889000-9185, Fax: 981889100
Correo electrónico: jesus.nieto@valdodubra.dicoruna.es
Horario de atención ó público: De Luns a Venres de 9:00 a 15:00.
|