|
RUTA DO RIO
DUBRA

Lonxitude e dificultade: 6
km. Pouca dificultade. Ruta circular. Suaves subidas e baixadas despois
dunha subida inicial constante de 1 km.
Lugar de
inicio: Estrada de Bembibre a Santiago, a 2.900 metros
desde a Casa do Concello. Comeza nunha pista de terra que se desvía da
estrad a man dereita (dirección Santiago), sinalizada cunha baliza.
Poucos metros máis adiante, nun espacio á beira da estrada, hai un
panel informativo sobre a Ruta, xunto a unha parada de autobús.
Comentario:
Gran parte da ruta discorre á beira do ría Dubra e baixo o túnel
vexetal de amieiros, freixos e salgueiros. Tamén podemos percorrer
prados e campiñas gandeiras, salpicados de carballeiras e piñeirais.
RUTA DAS
CARBALLEIRAS
Lonxitude e dificultade: 4
km. Ruta circular. En subida os dous primeiros kms. Báixase a
continuación cara o ría. Pouca dificultade.
Lugar de
inicio: comeza en Bembibre, na Área Recreativa e Piscina
Municipal, a poucos metros detrás da Casa do Concello. Vólvese á
estrada Santiago-Carballo que atravesa a vila, para cruzala e desviarse
rapidamente á outra beira do río Dubra.
Comentario:
Este sendeiro atravesa as fermosas carballeiras do río Dubra no seu
paso por Bembibre, chega ata as ruinas da ermida de S. Xoán Bautista, e
acaba percorrendo as beiras do río, augas arriba cara Bembibre,
terminando novamente na mesma Área Recreativa. A piscina municipal a
zona de xogos infantís e o merendeiro constitúen un lugar ideal para
concluír este paseo.
RUTA DO RIO
TAMBRE
Lonxitude
e dificultade: 3 km. Trazado completamente chan.
Sendeiro de ida e volta.
Lugar de
inicio: Comeza en Portomouro, no campo da festa situado
baixo a ponte, augas abaixo. Chegaremos aquí pola estrada que se toma á
dereita (dirección Santiago), nada máis pasar a ponte. Poucos metros
despois hai unha estreita pista en pendente cara o río, que nos levará
ata o campo da festa.
Comentario:
Breve pero encantador paseo pola beira do río Tambre con carballeiras e
castiñeiros, árbores de ribeira e grandes fieitos. Ao final do sendeiro
encontraremos a Área dos Muíños de Rodas, e pouco máis adiente, o
pantalán para embarcacións de remo. Ata o pantalán poden acceder os
vehículos que remolquen as embarcacións por unha pista sinalizada desde
a estrada a Santaigo, a menos de 1 km desde Portomouro.
TRÍPTICO
INFORMATIVO DAS RUTAS DE SENDEIRISMO:
|