Concello de Val do Dubra Val do Dubra, naturalmente
Idioma:
galego
castellano
mapa da web
 
Saúda do Alcalde
Alcalde de Val do Dubra

É unha satisfacción para min o poder achegar por medio das novas tecnoloxías, a través desta páxina Web do Concello de Val do Dubra, a nosa Administración á cidadanía, ós nosos residentes no extranxeiro e a calquera persoa que necesite información sobre Val do Dubra, sobre os distintos servizos municipais, sobre a tramitación administrativa ou precise facer consultas por medio da Rede, garantindo absoluta confidencialidade, e pola outra o dar a coñecer o noso municipio máis alá de todas as fronteiras.

Val do Dubra é un municipio do interior, enclavado no corazón da provincia da Coruña, no corredor que une Carballo con Santiago de Compostela, situado a 22 quilómetros destas dúas poboacións. A caza e a pesca, as rutas de sendeirismo e as ribeiras dos ríos polas distintas paraxes naturais de Val do Dubra, a beleza da súa paisaxe fai que este sexa un lugar interesante, un lugar para o descanso e o lecer, no que tamén os afeccionados ó deporte e á natureza teñen no río Dubra (afluente do Tambre) e no Pantalán do Muiño de Rodas (Portomouro) unha excelente oportunidade para gozar dos seus encantos. Os seus montes conforman un espazo de elevada cualificación debido ós seus valores biolóxicos, botánicos e paisaxísticos.

Síntome orgulloso dos dubreses e das dubresas, porque, alá onde nos atopemos, somos xente que destacamos pola nosa familiaridade, simpatía e hospitalidade. Cando digo “alá onde nos atopemos” estoume referindo tamén a todos os dubreses que están fóra de Galicia e tamén aos que están fóra de España, que son unha parte deste noso Concello que é Val do Dubra. Permitídeme que agora me dirixa a eles para ofrecerlle que cando necesiten algo de nós, non dubiden en contactarnos a través do correo electrónico, teléfono, ou correo ordinario. Tentaremos axudalos na medida do posible. Prométolles que ningunha das súas cartas ou correos quedará sen resposta porque aquí teñen un amigo ao que contarlle as súas cousas por moi difíciles ou sinxelas que lles parezan, a min interésanme.

A todas as persoas, en xeral, veciños ou non, dubreses ou non dubreses, quero dicirvos que tampouco dubidedes en contactar con nós sexa para o que sexa, ben para pedir información, para poder expresar as vosas opinións, suxestións ou propostas, para mellorar o noso servizo e a nosa atención ós/ás cidadans e para unha mellor eficacia desta administración que agora se achega máis a todos e a todas vós.

A todos, de corazón, quero darvos a benvida e ao mesmo tempo agradecervos a oportunidade que me brindades ao permitirme presentarvos este municipio.

Convídovos a coñecer Val do Dubra a través desta Web.

Juan Manuel Baleato Iglesias


Concello de Val do Dubra
Arcai, 41-Bembibre, 15873 Val do Dubra - A Coruña | Teléfono: 981889000