|
O Departamento de Servizos
Sociais do Concello de Val do Dubra traballa activamente para mellorar
a calidade de vida e a participación na sociedade de todas as persoas e
grupos do municipio. As iniciativas desenvolvidas inciden especialmente
nos cidadáns que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou
desatención selectiva.
Departamento de Servizos
Sociais
Responsable do Departamento: Jacqueline Pombo Traba
Posto: Traballadora Social
Primeira Planta do Concello de Val do Dubra
Teléfono 981 889000
Horario de atención ao público:
Luns a Venres de 9.00 a 13.00 horas.
Os programas
básicos de acción desenvolvidos polos Servizos Sociais
do Concello son:
Ten por obxecto informar
á cidadanía sobre os distintos dereitos e recursos en materia de
servicios sociais, así como orientar e asesorar as persoas e grupos
afectados por problemáticas específicas, diagnosticar a situación e
derivalos, se é necesario, ós servicios sociais de atención
especializada.
O servizo de Axuda a
domicilio está dirixido a toda a poboación. Gozan de prioridade
aqueles/as cidadáns que presenten disfuncións ou discapacidades que
lles limiten a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación
social, e que teñan dificultades para procurar o seu benestar físico,
social e psicolóxico. A estas persoas préstanselles unha serie de
atencións ou coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo,
doméstico e técnico, e proporciónaselles a posibilidade de continuar no
seu contorno natural, mentres isto sexa posible e conveniente.
O devandito programa está
regulado pola Ordenanza Municipal do Concello de Val do Dubra de
Servizo de Axuda no Fogar e dos Prezos Públicos. Este servizo pódese
complementar co programa de teleasistencia domiciliaria.
Dende os Servizos Sociais
detéctanse situacións de urxencia que requiren ser abordadas de xeito
rápido e eficaz. Fundamentalmente situacións de escaseza de medios
económicos que dificultan o normal desenvolvemento das persoas ou
familias. Con este programa preténdese paliar e se é posible, correxir
estes déficits.
O programa de educación
familiar intervén en tres sectores moi importantes. A familia e a
escola, os adolescentes e a muller. Trata de paliar nas familias as
deficiencias presentadas e promover hábitos. Así mesmo, procura a
prevención de futuras dificultades e a integración social dos seus
membros a nivel profesional, escolar, etc.
|