Concello de Val do Dubra Val do Dubra, naturalmente
Idioma:
galego
castellano
mapa da web
 
Xeografía e Paisaxe

Caracterízase a xeografía de Val do Dubra pola unidade morfolóxica que lle dá o seu val. Á súa vez, a conca do val, pechada polos catros costados, serve para organizar o territorio definindo os seus límites municipais.

Desde o punto de vista xeolóxico, inscríbese na foxa meridiana que vai dende Carballo a Tui e que percorre o extremo occidental da comarca de Ordes.

Area Recreativa

Na fermosa paisaxe que alberga este val, destacan formacións montañosas como o monte Castelo, que situado ao norte do municipio e cunha altitude  de 569 metros, serve de divisoria entre os concellos de Val do Dubra, Santa Comba, Tordoia e Coristanco. Desde el esténdense cara ao sur dúas sucesións  montañosas entre as que queda o val, de xeito que para meterse neste municipio hanse exceder sempre os 400 metros de altitude. En canto á altitude, séguenlle o monte Castelo, o alto da Forca con  530 metros e os Montes de Boiro  con 527 metros.

Non significa isto, sen embargo, que esteamos ante unha paisaxe exclusivamente montañosa, xa que Val do Dubra ofrece unha variedade paisaxística digna das máis feiticeiras terras. Chairas e zonas abruptas e accidentadas configuran un expectacular horizonte, no que predominan as superficies forestais, formadas principalmente por pinos, eucaliptos e pequenas manchas de especies autóctonas coma o castaño, carballo...

Fervenza InsuaCómpre salientar logo a importancia ecolóxica e a beleza paisaxística e natural das Ribeiras do Dubra, declaradas Espazo Natural de Interese, e que abranguen unha superficie próxima ás 400 hectáreas. Este espazo está constituído por bosques rupícolas colinos, formados pola asociación senecio-bayonenses- Alnetum glutinosae, que conta con bidueiros, salgueiros e arracláns no que a especies arbóreas se refire. No estrato herbáceo atopamos senecio nemorensis Subs. Bayonenses, Osmunda regalis e Carex broteriana. Estes bosques conforman un espazo de elevada cualificación polos seus valores biolóxicos, botánicos e paisaxísticos.

Por outra parte,  e no que á situación medioambiental do municipio se refire, coa recente entrada en funcionamento dunha depuradora de augas residuais en Bembibre, acadouse mellorar moito a calidade das augas fluviais.

 


Concello de Val do Dubra
Arcai, 41-Bembibre, 15873 Val do Dubra - A Coruña | Teléfono: 981889000