| Novas concello Val do Dubra |
Anuncio listaxe admitidos |
[15/07/2009] O señor alcalde-presidente, con data do 15 de xullo,
rematado o prazo de presentación de instancias e unha vez comprobada
a documentación presentada ditou resolución pola que se aproban as
listas provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo
para a provisión das seguintes prazas incluídas na oferta de emprego
do Concello de Val do Dubra correspondente ao ano 2007:
As listas de aspirantes admitidos e excluídos estarán expostas ao público, no Taboleiro de Edictos Municipal, para os efectos de emenda de erros polo prazo de dez días hábiles, a contar a partir do seguinte á publicación da presente resolución no Boletín Oficial da Provincia (Art. 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común). Transcorrido o citado prazo, ditarase resolución definitiva, que levará implícita a estimación ou desestimación das solicitudes de emenda, e que se publicará no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de Edictos do Concello. Nesta resolución indicarase a data, hora e lugar da realización do primeiro exercicio así como a composición do tribunal. Cumprindo coas observacións feitas pola Dirección Xeral da Administración Local fanse as seguintes consideracións: I) A efectos da valoración de méritos na fase de concurso, durante o prazo indicado de dez días, respecto a tódalas prazas convocadas, a excepción da de Auxiliar de Coidados de Nenos, poderán aportarse os xustificantes dos servizos prestados como laborais fixos noutras administracións públicas distintas da Administración Local. II) Asimesmo, sen prexuízo da realización dunha proba de galego, de acordo co artigo 6.3 da Lei de normalización lingüística, deberán quedar exentos da mesma os aspirantes que acrediten estar en posesión do certificado correspondente ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade có artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008 do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de función pública de Galicia, modificado pola Lei 2/2009, do 23 de xuño
(DOG nº 122, do 24 de xuño de 2009). |
imprimir |