| Novas concello Val do Dubra |
Anuncio Orzamento 2009, aprobación padrón fiscal auga, sumidoiros , depuración augas residuais e aprobación padrón taxa recollida lixo 2009 |
[22/07/2009]
ANUNCIO Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación o Orzamento Xeral para o exercicio economico de 2009, o cadro de persoal e a relación de postos de traballo para dito exercicio, dando cumprimento ó disposto no art.169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, exponse ó público na Secretaría deste Concello, durante un prazo de quince días hábiles -que comezarán a contarse dende o seguinte á inserción do presente edito no Boletín Oficial da Provincia-, a fin de que durante o mesmo poidan ser formuladas cantas reclamacións sexan consideradas pertinentes, e que debéran ir dirixidas ó Sr.Alcalde-Presidente desta Corporación. E de conformidade co disposto no artigo 75, da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, redactado conforme ó disposto no 42 da Lei 14/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, fanse públicas as retribucións, indemnizacións e asistencias dos membros desta Corporación: Cargos con dedicación exclusiva. Señor Alcalde: Tres mil setecentos vinte euros brutos mensuais (3.720 euros) máis dúas pagas extraordinarias de igual contía. Asistencias:- no que se refire a indemnizacións os membros da corporación que non teñan dedicación exclusiva percibirán por asistencia á sesión do Pleno, da Xunta de Goberno Local e das comisións das que formen parte a cantidade de cen euros. Non obstante, cando nun mesmo día teña lugar máis dunha sesión só se percibirán unha asistencia. O concelleiro delegado de obras e servizos, por acompañamento ós técnicos municipais no termo municipal no seu cometido de elaboración de informes e control urbanísticos, todos os luns non festivos do ano, a cantidade de 100 eur. A xustificación consistirá nos informes escritos de petición do servizo ordeados polo Sr.Alcalde. Gastos de locomoción: Os gastos de locomoción que se produzan como consecuencia de desprazamentos por comisión de servizos ou xestións oficiais dispostos pola Corporación, polo seu presidente ou por outros órganos competentes, serán abonados previa a presentación dos correspondentes xustificantes. No caso de utilización de vehículo propio, aplicaranse as indemnizacións que sexan de aplicación ás administraciones públicas. Dietas: No que respecta ás dietas, as correspondentes ao Presidente e demais membros da Corporación por traslado fóra da localidade, satisfaranse os gastos xustificados. Val do Dubra, 8 de xullo de 2009 Anuncio aprobación padrón fiscal auga, sumidoiros e depuración augas residuaisANUNCIO A Xunta de Goberno Local deste Concello na sesión do día 9 de xullo de 2009, adoptou entre outros, o seguinte acordo: Examinado e achado conforme o Padrón correspondente ao segundo trimestre do ano 2009 das taxas por subministración de auga e servizo de sumidoiros e depuración de augas residuais, presentado pola empresa concesionaria (rexistro de entrada núm. 1547, de data 24 de xuño), acórdase por unanimidade: 1º.- Aprobar inicialmente o Padrón das taxas por por subministración de auga e servizo de sumidoiros e depuración de augas residuais, correspondente ao segundo trimestre do 2009, que comeza por “García Arnejo, Mª Esther - conta contrato 1061033” e termina en “Parcero Cancela, José Manuel-conta contrato 24300000990-” polos importes globais seguintes: 2º.- Expoñer ao público o dito padrón polo prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos, cos efectos de notificación colectiva das liquidacións conforme ao artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, para exame polos interesados e presentación contra el e ante a Xunta do Goberno Local do recurso de reposición (segundo o disposto no artigo 14.2 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, no prazo de un mes, contado dende o día seguinte ao remate da exposición ao público do padrón. A interposición do recurso non suspende a eficacia das liquidacións correspondentes, agás que se solicite a suspensión e se presente garantía nos termos establecidos no apartado i) do precepto anteriormente mencionado. Contra a desestimación do recurso de reposición poderase interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses dende a notificación da resolución expresa ou de seis meses dende que se produza a desestimación presunta. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se estime conveniente. 3º.- Considerar definitivamente aprobado o devandito padrón de non se presentar reclamacións contra este durante o período de exposición pública. Val do Dubra, 10 de xullo de 2009-07-10 Anuncio aprobación padrón taxa recollida lixo 2009Aprobado pola Xunta de Goberno Local, con data 9 de xullo de 2009 o padrón de contribuíntes da taxa por recollida do lixo correspondente ao exercicio 2009, exponse ao público polo prazo dun mes, que se contará dende o día seguinte da data de publicación do presente anuncio no BOP, durante o cal poderán presentarse as alegacións que se estimen convenientes, altas e baixas e demais reclamacións contra o devandito padrón. Val do Dubra, 9 de xullo de 2009 |
imprimir |