[16/10/2009]
Anuncio aprobación padrón fiscal auga, sumidoiros e depuración augas residuais
ANUNCIO
A Xunta de Goberno local deste Concello na sesión do día 23 de setembro de 2009 adoptou,
entre outros, o seguinte acordo:
APROBACIÓN DO PADRÓN FISCAL DAS TAXAS POR SUBMINISTRACIÓN DE AUGA E SERVIZO DE
SUMIDOIROS E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS CORRESPONDENTE AO 3º TRIMESTRE DE 2009.-
Examinado e achado conforme o Padrón correspondente ao terceiro trimestre do
ano 2009 das taxas por subministración de auga e servizo de sumidoiros e depuración
de augas residuais, presentado pola empresa concesionaria (rexistro de entrada
núm. 2554, de data 21 de setembro), acórdase por unanimidade:
1º.- Aprobar inicialmente o Padrón das taxas por por subministración de auga
e servizo de sumidoiros e depuración de augas residuais, correspondente ao
terceiro trimestre do 2009, que comeza por “García Arnejo, Mª Esther - conta
contrato 1061033” e termina en “Parcero Cancela, José Manuel-conta contrato
24300000990-” polos importes globais seguintes: Auga: 19.258,37 eur.
Sumidoiros: 1395,65 eur. Depuración: 5691,27 eur. IVE AUGA:1350,21 euros.
IVE DEPURACIÓN: 398,68 euros. Importe total: 28094,18 eur.
2º.- Expoñer ao público o dito padrón polo prazo de quince días hábiles,
contados a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia
e no taboleiro de edictos, cos efectos de notificación colectiva das liquidacións
conforme ao artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria,
para exame polos interesados e presentación contra el e ante a Xunta do Goberno
Local do recurso de reposición (segundo o disposto no artigo 14.2 do RDL
2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das
facendas locais, no prazo de un mes, contado dende o día seguinte ao remate
da exposición ao público do padrón. A interposición do recurso non suspende
a eficacia das liquidacións correspondentes, agás que se solicite a suspensión
e se presente garantía nos termos establecidos no apartado i) do precepto anteriormente
mencionado. Contra a desestimación do recurso de reposición poderase interpor
recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses dende a notificación
da resolución expresa ou de seis meses dende que se produza a desestimación presunta.
Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se estime conveniente.
3º.- Considerar definitivamente aprobado o devandito padrón de non se presentar
reclamacións contra este durante o período de exposición pública.
Val do Dubra, 28 de setembro de 2009
O alcalde
Juan Manuel Baleato Iglesias
|