[02/03/2007]
A MOCIDADE DUBRESA VIAXA A PARÍS
INFORMACIÓN XERAL
Lugar: Visita a París.
Réxime: Pensión completa
Duración: catro días / tres noites
Idade dos participantes: aqueles/as que teñan entre 12 e 14
anos (ambas as dúas inclusive) no mes de abril de 2007.
Desprazamentos: Tanto a ida como o regreso, farase en
autobús desde o concello até algún dos aeroportos
existentes na provincia e, en avión, desde estes até París.
Solicitudes: Para participar neste programa poderás
presentar a ficha de inscrición no concello até o 14 de
marzo. É requisito imprescindibel estar empadroado en Val do Dubra.
Cota de inscrición: Unha vez que o concello confirme a
obtención da praza, deberase realizar o ingreso da
cantidade de 85 €, na conta que no seu momento se sinale.
Para máis información contacta coa OMIX preguntando por Carlos .
No caso de haber máis solicitantes que prazas, celebrarase
ao remate do prazo de inscrición, un sorteo público perante
o secretario do concello de Val do Dubra.
|