[10/11/2007] O Pleno da Corporación, na sesión de data 26 de outubro de 2007,
aprobou, provisionalmente, a modificación das seguintes ordenanzas fiscais:
‑ Ordenanza fiscal n°1, reguladora da taxa por expedición de
documentos administrativos.
‑ Ordenanza fiscal n° 4, reguladora da taxa pola prestación
do servizo de sumidoiros e depuración de augas residuais.
‑ Ordenanza fiscal n° 9, reguladora da taxa por instalacións
de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos,
atraccións ou recreo situados en terreo de uso público
municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe
cinematográfica.
‑ Ordenanza fiscal n° 10, reguladora da taxa por ocupación
do subsolo, solo e voo da vía pública.
‑ Ordenanza fiscal n° 11, reguladora da taxa por
subministración de auga.
‑ Ordenanza fiscal n°13, reguladora do imposto sobre
vehículos de tracción mecánica.
‑ Ordenanza fiscal n° 23, reguladora da taxa pola expedición
de licenzas urbanísticas.
‑ Ordenanza n° 24, reguladora do prezo público pola
utilización de servizos informáticos e a impartición de
cursos de informática na Aula de Informática, na Casa da
Cultura e noutras instalacións municipais.
Segundo o previsto no art. 49.b) da Lei 7/1985, estes
acordos iniciais sométense a exposición pública por un prazo
de trinta días, a contar dende a data de publicación do
presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante o
que os interesados poderán interpoñer reclamacións diante do Pleno.
Val do Dubra, 26 de outubro de 2007
O alcalde
Juan Manuel Baleato Iglesias
|