Novas concello Val do Dubra

Anuncio aprobación inicial ordenanzas e regulamentos


[24/12/2007]


ANUNCIO APROBACIÓN INICIAL DE ORDENANZAS E REGULAMENTOS

O Pleno da Corporación na súa sesión do día 20 de decembro
de 2007, aprobou inicialmente as seguintes ordenanzas e
regulamentos:

x	Regulamento regulador da selección de persoal
        funcionario interino e laboral temporal:
x	Ordenanza reguladora da limpeza obrigatoria de
        terreos forestais e de soares en solo urbano 
        ou de núcleo rural e outras accións preventivas
        contra os incendios forestais.
x	Regulamento municipal de residuos:
x	Regulamento regulador do servizo de vertidos á rede de
        sumidoiros e uso desta rede:
x	Ordenanza xeral municipal reguladora da emisión e
        recepción de ruídos e vibracións
x	Ordenanza municipal sobre protección da convivencia
        cidadá e prevención de actuacións antisociais

Segundo o disposto no artigo 49b da Lei 7/1985, este acordo
inicial sométese a exposición pública por un prazo de trinta
días, a contar dende a data de publicación do presente
anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante o que os
interesados poderán interpoñer reclamacións diante do Pleno.

Val do Dubra, 21 de decembro de 2007

O alcalde
Juan Manuel Baleato Iglesias

Ordenanza convivencia cidadá

Ordenanza limpeza soares

Ordenanza residuos

Ordenanza ruidos

Regulamento selección persoal

Regulamento vertidos


imprimir