Novas concello Val do Dubra

Banco do Tempo


[01/10/2008]

¿QUERES AXUDAR E QUE CHE AXUDEN?
Dende este concello promóvese o servizo do Banco do Tempo como medida municipal de conciliación para unha mellora da vida laboral e social dos seus habitantes. Se dispós de tempo libre colabora, axuda os demais e recibe a cambio a súa axuda.

¿EN QUE CONSISTE O BANCO DO TEMPO?
E un sistema de intercambio entre as persoas do concello de servizos e coñecementos co obxecto de facilitar a vida da cidadanía aumentando o tempo libre das persoas participantes. Favorecen á conciliación da vida laboral e persoal. E un banco que funciona sen cartos. O que se intercambia é o tempo.

¿QUE OBXETIVOS SE PRETENDEN ACADAR CON ESTA MEDIDA?
Os bancos do tempo convertíronse nun instrumento para a conciliación da vida familiar, persoal e laboral. Con eles contribúese a canalizar a sociabilidade das persoas do municipio.

¿QUE SERVIZOS SE OFRECEN?
Dende o banco do tempo pódense ofertar ou demandar infinidade de servizos, entre outros están o acompañamento os nenos ó colexio, axudar a facer os deberes, acompañamentos co coche, axuda a cubrir impresos, realización de tarefas domésticas, pequenas reparacións,… Cada quen oferta calquera actividade que poida realizar e a cambio pode demandar calquera actividade rexistrada no banco do tempo.

¿A QUEN VAI DIRIXIDO?
A todas as persoas maiores de idade empadroadas neste Concello que queiran colaborar,

¿COMO PARTICIPAR?
Se dispós de tempo libre e queres colaborar podes anotarte no Banco do Tempo, ou simplemente informarte, pasando polo Concello en horario de 9:00 a 15:00, dirixíndose á axente Banco do Tempo.


imprimir