[13/10/2008]
No BOP do 11 de outubro de 2008 publicouse a exposición pública do
expediente de modificación de créditos
Aprobado polo Pleno desta Corporación o expediente de modificación de créditos
núm. 1 de 2008, dentro do vixente Orzamento municipal, en cumprimento do disposto
no artigo 177.2 en relación co 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004,
de 5 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas
Locais, exponse ó público, por prazo de quince días hábiles,
na Secretaría do Concello, co fin de que durante este periodo,
que empezará a contarse dende o día seguinte ó da inserción do presente
edicto no Boletín Oficial da Provincia, poidan formularse as reclamacións
que se consideren pertinentes, que deberán dirixirse ó Sr.
Alcalde-Presidente deste Concello.
Val do Dubra, 29 de setembro de 2008
O Alcalde
Asdo. Juan Manuel Baleato Iglesias
|