[15/11/2008]
Aprobación do padrón fiscal da auga, sumidoiros e depuración
A Xunta de Goberno local deste Concello na sesión do día 24 de outubro de 2008 adoptou,
entre outros, o seguinte acordo:
APROBACIÓN DO PADRÓN DAS TAXAS POR SUBMINISTRACIÓN DE AUGA E SERVIZO DE SUMIDOIROS
E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS CORRESPONDENTE AO 3° TRIMESTRE DE 2008.‑
Examinado e achado conforme o Padrón correspondente ao primeiro trimestre do
ano 2008 das taxas por subministración de auga e servizo de sumidoiros e depuración
de augas residuais correspondente ao 3° trimestre de 2008, presentado pola empresa
concesionaria (rexistro de entrada núm. 2435, de data 24 de setembro), acórdase
por unanimidade:
1 °.- Aprobar inicialmente o Padrón das taxas por por subministración de auga
e servizo de sumidoiros e depuración de augas residuais, correspondente ao terceiro
trimestre do 2008, que comeza por “García Amejo, Ma Esther - conta contrato 1061033”
e termina en “Parcero Cancela, José Manuel-conta contrato 24300000990-” polos importes
globais seguintes: Auga: 17.472,87 eur. Sumidoiros: 1.234,93 eur. Depuración:
4.998,68 eur. IVE:1.576,06. Importe total: 25.282,54 eur.
2°.- Expoñer ao público o
dito padrón polo prazo dun mes, mediante anuncios no Boletín Oficial da Provincia
e no taboleiro de edictos, cos efectos de notificación colectiva das liquidacións
conforme ao artigo 109 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, para exame
polos interesados e presentación contra el e ante a Xunta do Goberno Local do recurso
de reposición previo ao contencioso-administrativo a que se refire o artigo 108 da
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
3°.- Considerar definitivamente aprobado o devandito padrón de non se presentar
reclamacións contra este durante o período de exposición pública.
Val do Dubra, 24 de outubro de 2008
O alcalde
Juan Manuel Baleato Iglesias
|