[19/11/2008]
BANDO
JUAN MANUEL BALEATO IGLESIAS, ALCALDE DESTE CONCELLO DE VAL DO DUBRA
F A G O S A B E R:
Que por Resolución da Alcaldía de 17 de novembro de 2008, aprobaronse as
BASES PARA A CONCESIóN DE SUBVENCIóNS A ENTIDADES DO CONCELLO DE
VAL DO DUBRA DURANTE O ANO 2008.
Poderán optar ás subvencións da presente convocatoria as entidades culturais
e deportivas que se atopen inscritas no rexistro de asociacións do
Concello e desenvolvan as súas actividades no ámbito do Concello de Val do Dubra.
As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do concello, no prazo de quince
días naturais a contar dende o seguinte ó da publicación do anuncio no
diario El Correo Gallego (data de publicación no diario "El Correo Gallego":
19 de novembro de 2008).
As bases están á disposición das persoas interesadas na Secretaría Xeral do Concello
O que se fai público para xeral coñecemento.
Val do Dubra, 19 de novembro de 2008
O alcalde
Juan Manuel Baleato Iglesias
|