Novas concello Val do Dubra

Aprobación inicial da modificación de ordenanzas


[18/12/2008]

Hoxe sae publicado no BOP:

Aprobación inicial da modificación de ordenanzas

O Pleno da Corporación, na sesión de data 28 de novembro de 2008, aprobou, provisionalmente,
a modificación das seguintes ordenanzas fiscais:

- Ordenanza fiscal n°1, reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos.
- Ordenanza fiscal n° 4, reguladora da taxa pola prestación do servizo de sumidoiros
e depuración de augas residuais.
- Ordenanza fiscal n° 10, reguladora da taxa por ocupación do subsolo,
solo e voo da vía pública.
- Ordenanza fiscal n° 11, reguladora da taxa por subministración de auga..
- Ordenanza fiscal n°13, reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
- Ordenanza fiscal n° 23, reguladora da taxa pola expedición de licenzas urbanísticas.
- Ordenanza n° 24, reguladora do prezo público pola utilización de servizos
informáticos e a impartición de cursos de informática na Aula de Informática,
na Casa da Cultura e noutras instalacións municipais.
Segundo o previsto
no art.49.b) da Lei 7/1985, estes acordos iniciais sométense a exposición
pública por un prazo de trinta días, a contar dende a data de publicación do presente
anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante o que os interesados poderán
interpoñer reclamacións diante do Pleno.
Val do Dubra, 28 de novembro de 2008
O alcalde
Juan Manuel Baleato Iglesias


imprimir