Novas concello Val do Dubra

Vacacións en paz 2009


[03/02/2009]

Don Juan Manuel Baleato Iglesias, alcalde deste Concello
 
 
FAGO SABER: Que este Concello se acolleu ó Proxecto “VACACIÓNS EN PAZ 2009”
dirixido a nen@s saharauís por mediación do Proxecto solidariedade galega co pobo
Saharauí; polo que todas aquelas familias que queiran acoller a un nen@ saharauí
nas súas casas durante os meses de xullo e agosto poderán presentar as súas solicitudes
no Departamento de Servizos Sociais deste concello; onde ademáis se lles facilitará toda 
a información que precisen respecto ó acollemento dos menores.
 
 
Prazo de presentación das solicitudes: ATA O 16  DE FEBREIRO DE 2009
 
O que se fai público para xeral coñecemento dos veciños.
 
Val do Dubra, 03 de febreiro de 2009
 
O alcalde


imprimir