[03/04/2009]
BANDO
DON JUAN MANUEL BALEATO IGLESIAS, ALCALDE DESTE CONCELLO,
FAGO SABER: Que segundo a Orde do 11 de marzo de 2009, da Vicepresidencia da
Igualdade e do Benestar, pola que se regula a prestación económica de pagamento único por
fillo/a menor de tres anos para o ano 2008, a aquelas persoas que, tiveran ó seu cargo
fillos menores de tres anos e, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2007, nin
elas nin ningún dos membros da súa unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a
declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a ese período
impositivo, terán dereito a percibir unha prestación de 360 euros por cada un dos fillos
menores da dita idade.
Beneficiarios:
Persoas que teñan ó seu cargo fillos menores de tres anos á data do 1 de xaneiro
de 2009 (nacidos entre o 2-1-2006 e o 1-1-2009, inclusivos) e que, por razón dos ingresos obtidos
durante o ano 2007, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas
a presenta-la declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente
a este período.
Quedan excluídas aquelas unidades familiares nas cales os seus ingresos considerados
de forma individual ou conxunta, superasen no exercicio 2007 os 22.000€ sumadas a parte
xeral e especial da declaración do IRPF.
Que os pais teñan a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma galega e que á
data da solicitude os nenos convivan co solicitante.
Documentación:
• Fotocopia do DNI/NIF do solicitante e do seu cónxuxe ou parella.
• Fotocopia do libro de familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro
Civil de cada un dos fillos menores de tres anos.
• Certificado de empadroamento do solicitante.
• Fotocopia da folla da cartilla de aforros na que figure o número de conta.
PRAZO DE PRESENTACION: ANTES DO 13 DE MAIO DE 2009
O que se fai público para xeral coñecemento dos veciños.
Val do Dubra, a 3 de abril de 2009
O alcalde
Asdo.: Juan Manuel Baleato Iglesias
|