Novas concello Val do Dubra

Aprobación do padrón de auga, sumidoiros e depuración de augas residuais


[29/04/2009]

Aprobación do padrón de auga, sumidoiros e depuración de augas residuais

A Xunta de Goberno local deste Concello, na sesión do día 8 de abril de 2009, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

APROBACIÓN DO PADRÓN FISCAL DAS TAXAS POR SUBMINISTRACIÓN DE AUGA E SERVIZO DE SUMIDOIROS E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS CORRESPONDENTE AO 1.º TRIMESTRE DE 2009 Examinado e achado conforme o padrón correspondente ao primeiro trimestre do ano 2009 das taxas por subministración de auga e servizo de sumidoiros e depuración de augas residuais correspondente ao 1.º trimestre de 2009, presentado pola empresa concesionaria (rexistro de entrada núm. 738, de data 25 de marzo), acórdase por unanimidade:
1.º.–Aprobar inicialmente o padrón das taxas por por subministración de auga e servizo de sumidoiros e depuración de augas residuais, correspondente ao primeiro trimestre do 2009, que comeza por “García Arnejo, M.ª Esther - conta contrato 1061033” e termina en “Parcero Cancela, José Manuel-conta contrato 24300000990”, polos importes globais seguintes: auga: 16.064,75 €. Sumidoiros: 1.182,71 €. Depuración: 4.805,95 €. IVE AUGA: 1.126,90 €. IVE DEPURACIÓN: 337,66 €. Importe total: 23.517,97 €.
2.º.–Expoñer ao público o dito padrón polo prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos, cos efectos de notificación colectiva das liquidacións conforme ao artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, para exame polos interesados e presentación contra el e ante a Xunta do Goberno Local do recurso de reposición (segundo o disposto no artigo 14.2 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, no prazo de un mes, contado dende o día seguinte ao remate da exposición ao público do padrón. A interposición do recurso non suspende a eficacia das liquidacións correspondentes, agás que se solicite a suspensión e se presente garantía nos termos establecidos no apartado i) do precepto anteriormente mencionado. Contra a desestimación do recurso de reposición poderase interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses dende a notificación da resolución expresa ou de seis meses dende que se produza a desestimación presunta. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se estime conveniente.
3.º.–Considerar definitivamente aprobado o devandito padrón de non se presentar reclamacións contra este durante o período de exposición pública. Val do Dubra, 14 de abril de 2009. O alcalde Juan Manuel Baleato Iglesias


imprimir