[18/05/2009]
Don Juan Manuel Baleato Iglesias, alcalde deste concello,
FAGO SABER: Que o vindeiro día 13 de xuño farase a festa dos maiores,
para as persoas maiores de 65 anos ou pensionistas deste municipio,
podendo ir acompañados unicamente do seu cónxuxe.
Haberá Misa Solemne as 13:30 h. no pabillón municipal, seguido dun xantar
de confraternidade. A tarde estará amenizada por un bo ambiente musical.
Todos aqueles interesados en acudir a festa, deberán comunica-lo no Concello,
achegando DNI. e a Cartilla de Pensionista , antes do vindeiro día
11 de Xuño co fin de facer as reservas oportunas.
O que se fai público para xeral coñecemento dos veciños.
Val do Dubra, 18 de maio de 2009
O alcalde
|